Perigo! carozos soltos
Por Oskar Viéitez
Segundo informou o 112 ás 19.00 horas rexistrouse un choque entre dous turismos na estrada N-541, ao seu paso polo lugar de Dorna, en Cotobade.
Aínda que nun primeiro momento un dos condutores quedou conmocionado, pronto se recuperou e non quixo ser atendido por unha ambulancia como solicitara o outro condutor implicado no sinistro.
Ao lugar dos feitos acudiron axentes da Garda Civil de Tráfico.
Non foi o único suceso do que se tivo noticia esta tarde nas carretras cotobadesas, sobre esa mesma hora, as sete da tarde, noite pechada, un particular alertaba da presenza de "carozos de millo" tirados na calzada da PO-223, concretamente á altura do quilómetro 7 de devandita estrada.