A veciñanza de San Salvador coñecerá este domingo a actuación na Rúa do Adro e na Porteliña
Por Redacción
O adro da Igrexa de San Salvador acollerá este domingo, a partir das 12.00 horas, unha reunión informativa, convocada polo concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, Gregorio Agís, na que se darán a coñecer os pormenores do proxecto de humanización e mellora integral da contorna da Rúa do Adro e Porteliña.
Son unhas obras que darán comezo a vindeira semana e que servirán para que este núcleo de relevancia dentro da parroquia experimente unha profunda renovación, pasando a contar con novos servizos básicos e unha mobilidade sostible e universal.
Agís explicará a obra e o dispositivo de tráfico que se habilitará durante o desenvolvemento da mesma. Trátase dunha medida temporal pensada para garantir o acceso e saída ao CEIP Viñas e para tratar de minimizar molestias ás persoas residentes.
Tamén se achegará información e resolveranse dúbidas sobre outros proxectos de calado impulsados por este departamento municipal en San Salvador, como as obras no núcleo da Seara, Portosanto e Saíñas ou o proxecto contemplado para mellorar a contorna de Anafáns.
Relacionadas:
-
Máis de corenta veciños interésanse polos detalles das obras na Rúa do Adro e Porteliña
Por Redacción |
-
As obras na Rúa do Adro e na Porteliña cambian os accesos e saídas desde o CEIP Viñas
Por Oskar Viéitez |
-
A nova PO-308 entre A Barca e Porteliña: sen semáforos, con lombos, beirarrúas máis amplas, mellores servizos e máis seguridade
Por Manu Otero |
-
A humanización da Rúa Porteliña e da Rúa do Adro comezarán antes de final de ano
Por Redacción |