Os Chichisos tamén dan clase na escola
Por Redacción
O Grupo de Música Tradicional e Asociación Cultural Os Chichisos vén de dar un concerto didáctico no Colexio Rural Agrupado de Vilaboa.
O alumnado de esta escola, nenos de 3 a 6 anos, aprenderon a facer música cos diferentes instrumentos "humildes" tales como piñas, botella de anís, cunchas de vieira ou lata de pimentón, entre outros.
E tamén probaron os instrumentos tradicionais como son a pandeireta, o bombo, o tamboril, o charrasco ou a gaita de fol.
Os Chichisos atoparon a total implicación e interés do alumnado e tamén dos familiares e especialmente os docentes aos que agradeceron a experiencia.