Afectados polo novo vial de Montecelo: "Están a colocar as lastras para as beirarrúas e só hai rebaixe nos dous accesos ás casas"
Por Diego Espiño
As obras do novo vial de acceso ao Gran Montecelo seguen o seu curso, e con iso mantense a loita dun grupo de veciños que denuncia quedar sen acceso aos seus terreos.
Tras presentar no seu momento alegacións ao proxecto "vemos que seguen avanzando as obras e que non nos recibiron nin nos contestaron aos escritos de alegacións que fixeramos", explica como portavoz do colectivo Ángel Carballo.
"Están a colocar as lastras para as beirarrúas e só hai rebaixe nos dous accesos ás casas", sinala engadindo que o novo vial "elimina os camiños que había antes para o acceso".
Por ese motivo, e tras manter hai poucos días un encontro cun técnico do Concello de Pontevedra "que nos dixo que non estaban contemplados accesos directos ás leiras e que estaban a tentar averiguar como facer un vial paralelo para dar acceso", os veciños presentaron este xoves no rexistro municipal un novo escrito.
Nese documento adjutan uns planos da zona con referencias dos lugares polos que, entenden, se deberían habilitar entradas.
Para a construción do novo vial de Montecelo expropiáronse 85 leiras, nunha estrada que rodeará ao complexo hospitalario con 830 metros de lonxitude.
Relacionadas:
-
Veciños afectados polo novo vial a Montecelo reclaman reunións cos tres grupos municipais
Por Redacción |
-
Seis meses cun único carril na estrada entre Príncipe Felipe e Montecelo
Por Redacción |
-
As obras para o novo vial de Montecelo xa están en marcha
Por Alejandro Espiño |
-
A construción do vial perimetral do Gran Montecelo comezará en maio
Por Alejandro Espiño |
-
As expropiacións para o novo vial de Montecelo custarán 385.000 euros
Por Alejandro Espiño |
-
Veciños de Mourente presentan alegacións ao novo vial de acceso ao Gran Montecelo
Por María José Pita |