Rexuvenece o teu rostro, agora é o mellor momento
Cada vez máis homes e mulleres recorren ao fotorexuvenecemento para frear as secuelas do paso do tempo e recuperar a luminosidade facial.
A médico Virginia Archanco recomenda que "se temos previsto algún evento social para os próximos meses, agora é o momento de iniciar un tratamento de fotorexuvenecemento porque temos menos horas de luz e unha radiación solar máis baixa".
Ademais, este é un dos tratamentos médico-estéticos sen cirurxía que ofrece uns resultados máis visibles.
LUZ PULSADA OU TRATAMENTO DE IPL
A tecnoloxía láser máis avanzada para realizar procedementos médico estéticos de láser e luz pulsada é a ETHEREA-MX® e aplícase no Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez.
É unha técnica moi versátil e non invasiva, que permite restaurar o aspecto xuvenil da pel e axuda a combater os efectos do envellecemento. Aplicada sobre o rostro mellora imperfeccións causadas, sobre todo, polos raios do sol pero tamén é un aliado no tratamento de problemas como a acne, os capilares rotos ou o cambio de textura no coláxeno.
RECUPERA LUMINOSIDADE
Co paso do tempo a pel perde luz e co IPL pódese conseguir ese plus de luminosidade que se bota en falta.
A doutora Archanco do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez leva anos aplicando a ETHEREA-MX® en homes e mulleres
A doutora Archanco do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez leva anos aplicando a ETHEREA-MX® en homes e mulleres. "A enerxía da luz permite mellorar paulatinamente a textura e tonalidade, eliminando poros dilatados, peluxe, murras, manchas e as pequenas engurras da pel".
O tratamento debe iniciarse cun diagnóstico personalizado, "só cunha detida análise poderemos atopar o tratamento específico que cada persoa necesita para o seu tipo de pel e estilo de vida".
CANDO SE NOTAN OS RESULTADOS?
A experiencia demostra que, cada caso é diferente. En xeral a resposta das manchas solares é máis rápida que a das lesións vasculares. Aínda que o efecto xa se ve desde a primeira sesión e é acumulativo, en xeral, adoita facer falta unha media de entre 3 a 5 sesións para conseguir un resultado óptimo. Tras o diagnóstico, é recomendable que se planifiquen as sesións de maneira espazadas e consecutivas.
O efecto xa se ve desde a primeira sesión e é acumulativo
TEN EFECTOS SECUNDARIOS?
O tratamento con IPL pode ter algúns efectos secundarios leves como murras na pel, maior sensibilidade ou proídos. Por iso, despois de cada tratamento establécense unhas pautas de coidados e hábitos de vida saudables.
QUE COIDADOS HAI QUE REALIZAR DESPOIS DO TRATAMENTO?
Recomendamos ser prudentes coa exposición solar: evitar tomar o sol mentres dura o tratamento e usar protección alta. É moi importante tamén ter uns hábitos de vida saudables, por exemplo, está demostrado que o tabaco e o alcol son inimigos dunha boa saúde na pel.
PÓDESE REALIZAR ESTE TRATAMENTO CON ÁCIDO HIALURÓNICO OU TOXINA BOTULÍNICA?
Aínda que ambos os tratamentos teñen obxectivos distintos, son complementarios. A recomendación é espazar ao redor dunha semana o tratamento inxectable do tratamento con IPL.
ONDE PODO CONSEGUIR MÁIS INFORMACIÓN?
Se estás interesado en saber máis sobre a ETHEREA-MX®, os profesionais especializados do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez poden darche toda a información sobre esta tecnoloxía láser. Pide cita sin compromiso no teléfono 680 629 500 ou escribe un email á nosa asesora de privados: maria.carballoc@quironsalud.es
Relacionadas:
-
Quirónsalud amplía especialidades cun novo servizo de Dermatoloxía ante a elevada demanda de consultas
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud e a Sociedade Española de Técnicos Superiores imparten en Galicia unha formación en ecografía
Por Noticia patrocinada |
-
Cirurxía bariátrica para gañar en saúde e calidade de vida
Por Noticia patrocinada |
-
Como escintilar en Nadal cunha pel rexuvenecida?
Por Noticia patrocinada |
-
Deter o reloxo da túa pel é posible seguindo estes consellos expertos
Por Noticia patrocinada |
-
A solución médica e segura para quitarse o 'flotador'
Por Noticia patrocinada |