Condenan a 58 anos de prisión o matrimonio acusado do crime de Lalín
Por Oskar Viéitez
A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra acaba de emitir sentenza no xuízo contra o matrimonio de Lalín acusado do asasinato da súa filla Sonia e a morte dun antigo empregado que faleceu asfixiado tras o incendio provocado na súa casa de Barcia.
O tribunal condena a Carmen Reboredo Lalín e José Mouriño Soto en concepto de autores de dous delitos de asasinato e dous delitos de tentativa de asasinato. Concorre a circunstancia agravante de parentesco no asasinato de Sonia e nas tentativas de asasinato de Avelina e de Manuel, e non concorre a devandita circunstancia respecto do asasinato de Amador.
A sentenza impón para cada un deles a pena de 18 anos de prisión polo asasinato da súa filla Sonia; unha pena de 16 anos de prisión, polo asasinato de Amador; unha pena de 12 anos de prisión, pola tentativa de asasinato de Avelina Erundina Lalín, e unha pena de 12 anos de prisión, pola tentativa de asasinato de Manuel Reboredo Lalín.
Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de casación ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo.
Relacionadas:
-
Visto para sentenza o xuízo polo crime da Barcia
Por Oskar Viéitez |
-
A muller acusada de matar a súa filla en Lalín admite os feitos: "Eu estaba transtornada, tola"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O fiscal pide 58 anos de cárcere para o matrimonio acusado de matar a súa filla e queimar a súa casa en Lalín
Por Oskar Viéitez |