Convocado un segundo curso de poda de árbores froiteiras
Por Redacción
Tras a celebración do primeiro curso de poda de árbores froiteiras e a gran cifra de solicitudes para inscribirse nesta iniciativa, o Concello de Barro decidiu convocar unha nova sesión o 11 de febreiro.
As persoas interesadas en participar terán a posibilidade de aprender técnicas de corte e os conceptos básicos de formación e poda coa idea de mellorar a saúde das plantas e obter un mellor rendemento en plantacións de kiwis, cítricos, maceiras, entre outras especies.
O curso de divide nunha fase teórica entre as 10.30 e as 13.30 horas e outra de carácter práctico entre as 15.30 e as 18.30 horas.
Luís Quinteiro, enxeñeiro técnico agrícola e especialista en fruticultura e viticultura, será a persoa encargada de impartir o curso.
As prazas son limitadas e a inscrición deberá facerse nas oficinas municipais.