Igualdade recupera a homenaxe a veciñas de Poio polo Día Internacional da Muller
Por Redacción
A Concellería de Igualdade do Concello de Poio xa está a perfilar a programación para conmemorar o Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de marzo.
A concelleira de Igualdade, Silvia Díaz adiantou que nesta edición recuperarase o homenaxe a veciñas do municipio, unha por cada parroquia, para recoñecer a súa traxectoria social, vital e laboral. Trátase dun acto que nas edicións dos dous últimos anos non puido desenvolverse por mor da situación sanitaria.
Este foi un dos puntos abordados na convocatoria do Consello Municipal da Muller que se celebrou este mércores no salón de plenos do Concello e no que as representantes dos colectivos que forman parte deste órgano ofreceron as súas propostas para elixir ás homenaxeadas neste 2023.
Ademais, tamén se abordaron outras cuestións, como a elección das dúas representantes do órgano que formarán parte da asamblea cidadá.
Con respecto á programación do 8 de marzo, está previsto que o seu contido sexa presentado nas vindeiras semanas.
Ademais de Silvia Díaz (Avante Poio), participaron na convocatoria edís representantes dos grupos da corporación municipal (Raquel Rodríguez polo BNG, Julio Casás polo PSdeG-PSOE e María José González polo PP) e integrantes dos diferentes colectivos que forman parte do Consello da Muller, como a Asociación de Mulleres Arela, Mulleres en Igualdade, Mulleres Progresistas, Mulleres do Mar, Airiños do Mar, Asociación de Veciños A Larxe de Raxó e Asociación de Veciños do Bao e Asociación Veciñal de Lourido.
Relacionadas:
-
Cinco mulleres "exemplos de vida" para conmemorar o 8M en Poio
Por Redacción |
-
Meis organiza unha andaina solidaria con motivo do 8M
-
Homenaxearán ás cociñeiras de Bueu polo día da muller
Por Redacción |
-
Raquel Morales, directora do CIM en Poio, explica a súa experiencia contra a desigualdade en Mozambique
Por Redacción |