O Concello de Sanxenxo crea o comité antifraude esixido polos fondos Next Generation
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo xa constituíu a súa Comisión Antifraude, dando cumprimento a unha esixencia da normativa reguladora dos fondos Next Generation ás entidades beneficiarias dos mesmos.
A creación desta comisión chega despois de que Sanxenxo aprobase o Plan de Medidas Antifraude en febreiro do ano pasado para a xestión dos fondos europeos Next Generation e que xa se está aplicando no resto de subvencións concedidas para garantir a transparencia e xestión municipal.
Con este plan, tanto o Concello de Sanxenxo como Terra de Sanxenxo puxeron en marcha todas as medidas que garanten a loita contra a fraude e denuncia daquelas irregularidades ou sospeitas de fraude que se puidesen detectar en colaboración co Servizo Nacional de Coordinación Antifraude.
Durante a reunión, os membros do comité comunicaron que non se advertiran prácticas colusorias nin a existencia de conflitos de intereses na tramitación dos expedientes municipais, concluíndose que, no caso de ser apreciadas, deberá ser convocado de inmediato.
Ademais, acordouse habilitar na páxina web do Concello de Sanxenxo unha canle de denuncia de irregularidades ou posibles fraudes que serán examinados polo comité e que estará enlazado cos servizos de Intervención Xeral do Estado e o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude.
Igualmente deuse conta do interese en canto á formación dos propios membros do comité e do resto do persoal municipal, polo que se fomentarán as accións formativas sobre diferentes temáticas en relación coa fraude e a corrupción e facilitarase información acerca da posibilidade de realizar cursos e accións formativas nesta materia.
Relacionadas:
-
Unha canle de denuncia contra a corrupción entra en funcionamento en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo, O Grove, Cambados e Caldas de Reis estrean novos bancos e tótems informativos
Por Redacción |
-
Melloran a cuberta do punto limpo municipal situado en Padriñán
Por Redacción |
-
Sanxenxo ultima sete actuacións para mellorar os exteriores do Pazo de Quintáns
Por Redacción |