Moraña prepara unha reforma integral de todos os seus parques infantís
Por Redacción
Moraña mejorará todos los parques infantiles que faga falta. Así o expresou o alcalde Jose Cela despois do bo resultado no que quedaron as actuacións levadas a cabo en tres parques infantís moi utilizados en Moraña.
Por unha banda, actuouse no conxunto de xogos da Carballeira de Santa Lucía, “un dos que máis usan os veciños”, afirmou o alcalde, no que se renovou todo o chan e aqueles elementos de xogo que se atopaban en peores condicións, precisamente por ese intenso uso que se facía deles.
Ademais, realizouse unha actuación sumilar no parque que se atopa xunto á Escola Unitaria, na Chan, onde tamén se renovaron elementos que presentaban desperfectos e habilitouse un chan de herba artificial “que agora poderán desfrutar os nenos e nenas desta escola pero tamén os de toda Moraña”.
E, finalmente, levouse a cabo unha modernización integral do parque da Espedregueira. “Neste caso, optamos por tiralo por completo e facer un completamente novo, co que dar servizo aos máis pequenos desta parroquia”, explicou Cela.
De cara a este ano, o alcalde asegura que se tratará de actuar “en todos os demais parques infantís que precisen dunha posta a punto, porque queremos que os nenos e nenas de Moraña poidan xogar neles con toda a seguridade, desfrutando do seu concello”.
Relacionadas:
-
O parque infantil de Campenlos estreará nova imaxe a principios do outono
Por Redacción |
-
O alcalde asegura que avanzan "a moi bo ritmo" as obras no "corazón" de Moraña
Por Redacción |
-
Presentado o novo Programa Integrado de Emprego de Cuntis, Barro, Moraña, Portas e Caldas
Por Redacción |
-
Buscan alumnado para cubrir vacantes do Plan Integrado de Emprego de Cuntis, Caldas, Portas, Barro e Moraña
Por Redacción |