Operativo de tráfico con motivo das festas do Nadal
Por Redacción
Conscientes do alto volume de vehículos que circulan polas distintas rúas da cidade nestas datas, dende o 20 de decembro ata o 7 de xaneiro, a Policía Local de Pontevedra pon en marcha un dispositivo especial de tráfico durante as festas do Nadal.
Froito da experiencia de anos anteriores e posible predecir as correntes de tráfico, en distintos horarios, que desenrolan nestas datas.
PUNTOS DE ESPECIAL ATENCIÿN
1. Entrada e saída de parkings: Durante estes día é frecuente que a ocupación dos parking públicos da cidade aumente considerablemente o que provoca retencións de tráfico tanto na entrada como a saída dos vehículos. A Policía Local manterá unha especial vixianza nestes puntos co fin de garantir a máxima fluidez do tráfico e fai un chamamento a cidadanía para que presten especial atención aos paneis informativos que atópanse nas entradas da cidade e facilitan información, en tempo real, da ocupacións dos distintos parkings.
2. Intersección Uxío Novoneira con Eduardo Pondal: Adoptaránse as seguintes medidas:
- Cortes ou desvíos de tráfico puntuais na rotonda de Eduardo Pondal con Rúa Estación.
- Presencia física de axentes da Policía Local, especialmente nas horas punta.
- Vixianza dos estacionamentos en dobre fila das Rúas Cobian Areal, control estacionamento parada de bus de Xoaquín Costa, e estacionamentos nas rúas Doutor Loureiro Crespo e adxacentes
3. Praza Barcelos. Os accesos e especialmente a saída do parking provoca retencións de tráfico importantes que obrigarán á Policía Local a actuar, polo que se procederá a tomar a seguintes medidas:
- Insistir aos conductores sobre a importancia que ten que estar pendentes dos paneis informativos que se atopan nas entradas da cidade. Facilitan información, en tempo real, sobre a ocupación dos parkings da cidade.
- Actuar sobre a dobre fila en todo o perímetro da Praza da Barcelos.
- Desvíos, puntuais, na entrada ao parking e cando se atope completo, cara a San Antoniño e rúa Rouco.
- Desvíos puntuais na Glorieta do Ponte de Santiago, desviando o tráfico de entrada na cidade procedente da Avenida Compostela cara a Ponte do Burgo, co fin de facilitar a saída de vehículos procedentes das rúas Cobián Roffignac Padre Amoedo, ou sentido Bos Aires Padre Gaite podéndose efectuar cortes a altura da Ponte de Santiago cara a Avenida Compostela.
4. Rotonda Alameda- Raíña Victoria, non se descartan cortes puntuais de tráfico e desvíos cara a rúa San Roque, co fin de facilitar o tráfico de saída cara a Ponte da Barca.
5. Benito Corbal Sagasta. A ampliación da zona peonil de Benito Corbal pode ser descoñecida para o número importante de condutores que se acheguen a cidade, provocar indecisións e paradas innecesarias. Por outra banda, pode provocar que a maioría dos condutores opten polo xiro á dereita cara por Vasco da Ponte a Praza Barcelos, incrementando aínda máis a intensidade circulatoria pola praza
PREVISIÿNS DE INTENSIDADES CIRCULATORIAS
Datas de risco alto:
- 24 de decembro e 31 de decembro (martes), e 4 e 7 de xaneiro. Días habitualmente de máxima intensidade circulatoria ós que hai que sumar a proximidade de dúas datas sinaladas.
Datas de risco medio:
- 22, 26, 27 e 30 e o 3 de xaneiro, son días de compras de agasallos, a maioría dos establecementos comerciais abre o domingo incluídas as grandes areas comerciais,
- 4 e 5 de xaneiro, xornadas de compras especialmente pola tarde. Cabalgata de Reis.
- 7 de xaneiro: comenzo das rebaixas (especialmente de tarde).
HORARIOS DE ESPECIAL INCIDENCIA
Se establecen como horario de máxima intensidade circulatoria os seguintes:
- De 10:30 a 12:00 horas con intensidades de entrada a cidade
- De 13:15 a 14:30 horas de saída da cidade.
- Especialmente de 18:45 a 21:00 horas de saída da cidade.