Compromiso para que o 100% das vivendas de Cerdedo-Cotobade teñan fibra óptica este ano
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, anunciou este martes que acaba de chegar a un compromiso coa empresa Movistar para que ao longo deste ano 2023 cubra o 100% da demanda de fibra óptica no municipio.
Segundo sinalou, tendo en conta que o despregue da fibra óptica estase a desenrolar "dun xeito moi rápido" no concello, ten o compromiso firme de Movistar de que chegará todas as parroquias e lugares de Cerdedo-Cotobade este ano. Mesmo hai posibilidade de que sexa xa na primeira metade de ano.
Este servizo permitirá rematar cos problemas de illamento que algunhas poboacións mantiñan ata o de agora, sufrindo un alto risco de sufrir unha fenda tecnolóxica.
Cubela tamén deu a coñecer que manterá en breve unha serie de xuntanzas veciñais en todas as parroquias do municipio para recoller as demandas e as solicitudes de alta para contar con fibra óptica en todos os domicilios.
Estas reunións vanse facer coa intención de recoller calquera queixa e problema neste sentido e poder darlle a solución satisfactoria e axeitada.
Cubela explica que "son moitas as dificultades que as empresas subcontratadas están pondo a moitos veciños en lugares onde en teoría xa poderían conectarse", por iso é polo que o Goberno municipal decidiu ser proactivo e canalizar todas estas suxestións a través das reunións.