Buscan aos autores dos roubos e danos na iluminación do Nadal en Samieira
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Policía Local de Poio buscan aos autores dos roubos e danos causados na iluminación do Nadal en Samieira.
Segundo informaron desde a Xefatura Local, a instalación situada na rotonda da Avenida de Covelo, no cruzamento de Samieira que sobe a Armenteira, foi obxecto dunha serie de actos vandálicos.
Ademais roubaron parte da iluminación, segundo os axentes.
A Policía considera que estes vándalos son autores por un presunto delito leve de furto e danos e apela á colaboración cidadá para dar cos responsables.