Campañó prepárase no inverno para previr incendios forestais no verán
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta martes os traballos de limpeza e roza que a comunidade de montes de Campañó está a executar en pistas forestais ao longo de case 20 quilómetros, así como a execución de 5,4 quilómetros de cortalumes e a execución de 1,35 hectáreas de faixas auxiliares.
O presidente da comunidade de montes, José María Domínguez e o vicepresidente da mesma, Celso Sánchez, salientaron a colaboración económica de 50.000 euros da Consellería de Medio Rural e do Mar nestes traballos que incluiron labores de rareo e eliminación de restos de masas, así como a execución dun depósito de auga de 60 metros cúbicos para a loita contra o lume.
José María Domínguez, explicou que pola súa conta a comunidade de montes está a traballar en todo o monte para preparalo de cara a chegada do próximo verán "executando unha franxa que protexa ao monte pola zona oeste, polos lugares de Cachadas, Outonovo, Moldes, Piñeiro e parte de Campañó de Arriba, e queremos limpar tamén a zona do río de Cons, onde se atopan os muíños, levando a cabo especialmente limpeza de frondosas".