Louzán apunta a que Bolcotur 2014 tamén vai celebrarse en Vigo
Por Redacción
"Podemos hacer un gran evento en 2014 que va a permitir que en la provincia de Pontevedra, probablemente en la ciudad de Vigo, tengamos un evento con touroperadores de toda Europa que llevábamos buscando hace muchos años gracias al compromiso del Ministerio y de la Fundación". Así se refería o presidente da Deputación á organización da próxima feira turística Bolcotur durante a sinatura de dous convenios coa Fundación da Escola de Organización Industrial (EOI).
Ao preguntarlle directamente se se vai celebrar Bolcotur en Vigo, Rafael Louzán contestou: "Este ano se celebrou coa chegada dun barco importante á cidade de Vigo e alí puxéronnos unhas magníficas instalacións do porto de Vigo a disposición. Como tiñamos feito esta negociación celebrando Bolcotur en Vigo e aproveitando o apoio do Porto de Vigo entendíamos que era un lugar axeitado para unha próxima edición. Con isto queremos que poidamos incorporar as dúas cidades máis importantes da provincia que son Pontevedra e Vigo e simultanear a organización deste evento".
A EOI achega 380.000 euros e 20.000 euros a Deputación para levar a cabo a contratación turística do próximo ano pero cun compromiso internacional. Segundo expuxo o director da EOI, Fernando Bayón, esperan que na próxima cita de Bolcotur acudan arredor de 40 touroperadores que se sumarían aos outros 40 nacionais que tradicionalmente asisten a este evento profesional de contratación turística.
A Deputación organizará por terceiro ano consecutivo a bolsa de contratación turística que, durante vinte anos, celebrouse en Pontevedra.
Tamén se asinou un segundo convenio para a formación dunha plataforma na que estean as pequenas e medianas empresas da provincia para potenciar o sector da industria cultural. Bayón sinalou que a través desta plataforma se abre a relación entre as asociacións culturais, se establece un índice dos recursos culturais e se instaura un sistema exemplar para outras entidades provinciais.