Tres millóns en Bueu para o número 25296, un cuarto premio que deixa tamén un belisco na Illa de Arousa
Por Alejandro Espiño
Se hai unha localidade das Rías Baixas que, realmente, poida dicir que foi afortunada neste sorteo da Lotería de Nadal esa é, sen dúbida, Bueu. Foino grazas a un dos cuartos premios, que recaeu no número 25296.
Foi o último gran premio en saír do bombo e o que máis diñeiro deixará na provincia de Pontevedra. E é que a administración de lotería número 1 de Bueu, situada na Avenida Montero Ríos, vendeu 18 series deste número.
Cada un dos décimos supón un premio de 20.000 euros, polo que a cantidade que repartiu esta administración roza os tres millóns de euros.
Sheila Souto, responsable desta administración, asegurou estar "moi contenta" de facilitar esta choiva de millóns en Bueu. "É incrible", recoñece, porque leva á fronte deste punto de venda apenas tres meses.
Pero este 25296 non só deixa escenas de alegría no Morrazo porque, entre outras, A Illa de Arousa volve rabuñar parte do diñeiro deste premio. E, como noutros dous quintos premios, faino desde a administración número 1, na Travesía do Cruceiro.
"Dar tres premios o mesmo ano é algo que nin nolo cremos", afirman os seus propietarios, aínda en estado de shock por repartir tanta sorte. "Dar un premio xa foi emocionante pero tres non o teriamos nin soñado", afirman orgullosos.
Non será o Gordo pero para eles "que tocase algo aquí xa é un premio moi grande".
Neste caso, do mesmo xeito que en Bueu, os afortunados gañadores recibirán 20.000 euros por décimo.
Este quinto premio, que estivo moi repartido por todo o país, tamén vendeu algún décimo noutras localidades pontevedresas como Tui ou Vigo.
Relacionadas:
-
O segundo premio da Lotería do Neno vendeuse na Librería Avenida de Eduardo Pondal
Por Anxo Lourido |
-
A Illa de Arousa, bendecida pola sorte da lotaría de Nadal: cinco premios en dous anos
Por Alejandro Espiño |
-
Bueu reparte 3,6 millóns de euros: "Xa tiñamos preparadas as botellas por se tocaba algo"
Por Diego Espiño & Anxo Lourido |
-
Outro quinto premio, o 87092, tamén se reparte na Illa de Arousa
Por Alejandro Espiño |
-
"Aquí todo Combarro vén a comprar lotaría, non sabemos a quen lle tocou"
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
A Lotaría de Nadal deixa un quinto premio na Illa de Arousa, un décimo do número 88509
Por Redacción |
-
Combarro, entre as localidades agraciadas co Gordo da Lotaría de Nadal ao número 05490
Por Alejandro Espiño |