Un mapa permitirá coñecer a pegada da Memoria das Mulleres nas rúas da cidade

Por Anxo Lourido

© PontevedraViva

© Concello de Pontevedra

© Concello de Pontevedra
Xaquín Moreda, concelleiro de Memoria Histórica, presentaba este mércores un mapa do programa da Memoria das Mulleres no que se recolle a pegada presente na cidade de mulleres que dan nome a parques, murais ou figuran en esculturas ou en paneis informativos.
Esta guía ofrece unha parte gráfica co plano das rúas de Pontevedra no que se recollen as vías e prazas dedicadas a mulleres como é o caso de Pilar Bértola, Xosefina Arruti, Virxinia Pereira, María Vinyals ou Amalia Álvarez, entre outras.
No anverso do folleto ofrécense vinte textos breves que ofrecen parte da historia de once mulleres e tamén información sobre murais, roteiros e acontecementos de represión como os acontecidos en Salcedo, Lérez e Mourente.
Moreda, que presentaba o mapa diante do mural dedicado á escritora María Vitoria Moreno na rúa Eduardo Pondal, expuxo que este mapa permite dar visibilidade física a esa presenza de mulleres no espazo público porque, segundo afirmaba o concelleiro, sempre estiveron "relegadas" como "forma máis evidente do carácter patriarcal da sociedade".
Este elemento informativo sobre lugares da cidade dedicados a mulleres xa se atopaba na páxina web da Memoria das Mulleres pero con esta acción permítese á xente "palpar e telo nas mans".
Será distribuído nos edificios do Concello e tamén en centros de ensino secundario do municipio. Tamén está previsto que estean dispoñibles nas oficinas de turismo como unha ferramenta informativa para as persoas que visitan a cidade.
Relacionadas:
-
O CIM de Marín atendeu desde 2013 máis de 8.000 consultas de 954 mulleres
Por Redacción |
-
'A memoria das mulleres' promociona catro podcast para disfrutar paseando pola cidade
Por Redacción |
-
"A cidade é a pegada", a exposición que ofrece un "poema visual" sobre a Pontevedra pasada, presente e futura
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
As rúas de Tafisa xa teñen nome de muller: Ernestina Otero, Vasquida García e Dolores Trabado
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Pontevedra dedicará o mes da Memoria ao grupo Voces Ceibes
Por Redacción |
-
As mulleres do mar de Pontevedra 'conquistan' TikTok da man de Sara Seco
Por Redacción |
-
A señorita Carmiña é a nova protagonista do TikTok de Helena López
Por Redacción |