Rexeitan as enmendas do PP ao orzamento de Pontevedra porque "son un despropósito"
Por Redacción
A comisión extraordinaria de Economía e Facenda ditaminou favorablemente os presupostos para o 2014 no concello de Pontevedra con só dúas modificacións das bases do documento orixinal. Nunha delas establécese que cando se conceda unha subvención non nomitavia se terá que decatar na mesa informativa correspondente e na outra establécese que nos órganos de contratación de negociados e publicidade que teñan voz os representantes de todos os grupos.
En relación coas 55 emendas presentadas polo Partido Popular, o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González, sinalou que "son un despropósito e moitas delas podería figurar na antoloxía do disparate. Métense nun berenxenal que non se sabe a que obedece".
Neste sentido, o edil nacionalista sinalou que a pesar das queixas do PP no seu documento sinalando que o goberno local confía no sector da construción a dinamización da economía local, os populares meten nas súas modificacións 1.628.000 euros para a construción e diminúe as partidas neste mesmo apartado por unha cantidade de 1.155.000 euros. "Está en contra de que se destinen inversións que dinamice o sector da construción pero eles aínda propoñen máis. ÿ contraditorio", indicou González.
Tamén lle resulta chamativo que o PP critique o teito de gasto pero "ao mesmo tempo, o aceptan". Segundo González, a actitude do goberno local neste sentido é un principio irrenunciable deste orzamento porque, do contrario, non poderían facer investimentos e habería que dilapidar as subvencións.
Raimundo González continuou criticando estas emendas indicando que o PP se intenta cargar o financiamento da Avenida de Lugo e a de Santa Clara que contan con 1.400.000 euros de presuposto e para as que piden que "se reduzan en 840.000 euros incluíndo a reforma do Campo da Torre". Lamentou tamén que moitas destas enmendas presentadas polo grupo da oposición "fan de parapeto da Xunta de Galicia" e citou o convenio da Parda, colexios públicos, sumidoiros ou a adaptación para os servizos do futuro Hospital Monte carrasco, obras que segundo o goberno local corresponden á Xunta.
En relación co tema do emprego, segundo Raimundo González a proposta popular de investir nun observatorio económico por un millón de euros "é crear un chiringuito, algo similar á oficina de emprego". E neste sentido, criticou que o PP tentase eliminar a cantidade económica vencellada ás actividades culturais e festivas afirmando que "ata se queren cargar a Peregrina e as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente porque na cabalgata e no entroido propoñen suprimir 65.000 euros, cando a cuantía é moi pequerrecha".
Por último, González indicou que as propostas populares "teñen cantidade de erros de sumas e de restas".
Relacionadas:
-
Apróbase no Pleno, sen sobresaltos, o orzamento municipal para 2014
Por Oskar Viéitez |
-
"Decepción total" no PP co capítulo de investimentos municipais para a reforma urbana
Por Oskar Viéitez |
-
O PP presenta 55 enmendas aos orzamentos municipais e propón un plan de emprego local
Por Redacción |
-
Orzamentos e A Barca irán ao Pleno extraordinario do 19 de decembro
Por Oskar Viéitez |
-
Moreira descualifica o orzamento municipal e asegura que aporta "poco pan y mucho circo"
Por Alejandro Espiño |