Os ‘haters’ do Nadal esnaquizan a decoración en diferentes localidades
Por Redacción
Os vándalos volveron a actuar contra a decoración do Nadal instalada nos espazos públicos.
A última vítima do ataque destes vándalos foi o recuncho do Nadal do parque do Espiñeiro no concello de Sanxenxo. Alguén plantou lume a esta instalación durante esta madrugada. Tamén tiraron algúns adornos. O Concello interpuxo denuncia na Policía Local e a concesionaria do servizo está a avaliar os danos.
Este tipo de actos vandálicos repítese por toda a comarca. Este venres, a Asociación de Veciños de Pardavila denunciou o roubo de parte das letras que formaban a mensaxe 'Bo Nadal' que estaban instaladas xunto a unha bóla luminosa na rotonda da entrada ao lugar.
En Pontevedra, para evitar novos ataques á burbulla do Mercado, trasladouse este decorado á Alameda onde xa se están instalacndo as carpas do programa de lecer infantil Ponte Xogos.
En Vilagarcía foron numerosos os roubos e desfeitas sufridas polos xardíns efémeros instalados en varios puntos da cidade. Especialmente o da Praza da Constitución pero tamén sabotearon o de Rey Daviña e o da praza da Independencia.
Á marxe dos actos vandálicos, o Partido Popular de Vilagarcía criticou as "nulas referencias cristianas" na decoración do Nadal da cidade. "Con tal de no instalar un belén o cualquier otro elemento que haga referencia al nacimiento de Jesucristo, que al final es el acontecimiento en el que se basa la celebración de la Navidad, el PSOE no ha tenido rubor en hacer el ridículo instalando unos budas que al final se han visto obligados a retirar", afirma a portavoz do PP e candidata á Alcaldía, Ana Granja.
Relacionadas:
-
Un séquito de 420 persoas participará na Cabalgata de Reis de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Buscan aos autores dos roubos e danos na iluminación do Nadal en Samieira
Por Redacción |
-
A Semana da Solidariedade de Marín recolle unha tonelada de alimentos
Por Redacción |
-
Malestar en Vilaboa polo roubo de parte da decoración de Nadal do barrio de Cabadachán
Por Anxo Lourido |
-
Seixo vive o Nadal coa programación do comercio local
Por Redacción |
-
Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, destaca o interese que o belén de Moraña esperta nos visitantes
Por Redacción |
-
Anuncian a substitución das figuras decorativas de Buda roubadas polos vándalos en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Novo ataque á burbulla decorativa de Nadal situada diante do Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
O vándalo da decoración de Nadal do mercado, captado polas cámaras de vixilancia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Rouban figuras e causan desfeitas na decoración do Nadal de Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |