Anuncian a substitución das figuras decorativas de Buda roubadas polos vándalos en Vilagarcía
Por Redacción
O roubo das figuras de Buda e dun oso polar nos xardíns efémeros situados en Vilagarcía de Arousa como elementos decorativos para estas festas provocou o malestar no Concello que lamenta a "falta de civismo dunha minoría" ao atentar contra estas pezas e causar diferentes danos.
Entenden que estas accións mostran unha falta de respecto cara ao esforzo do persoal que participou nestas montaxes e tamén ao diñeiro público investido para que as rúas do municipio ofrezan un aspecto dinamizador tanto socialmente como para a economía local.
Ante esta situación, o goberno local anuncia que as figuras de Buda dun dos xardíns efémeros serán cambiadas por outros elementos relacionados con estas festas.
PAPANOELADA EN BICI
Ademais, o Concello anuncia que este domingo 11 de decembro celebrarase a primeira edición da Papanoelada en bicicleta, unha actividade para a que piden a participación de todas as familias do municipio.
A proposta é que escolares e adultos acompañen a Papá Noél vestidos cunha indumentaria similar e realicen un percorrido por Vilagarcía.
A saída está prevista nos Tilos, avenida Rodrigo de Mendoza, ás 11.30 horas.
Relacionadas:
-
Buscan aos autores dos roubos e danos na iluminación do Nadal en Samieira
Por Redacción |
-
Juan José Díaz, xefe da Comisaría Provincial de Pontevedra, analiza datos de criminalidade co alcalde de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Malestar en Vilaboa polo roubo de parte da decoración de Nadal do barrio de Cabadachán
Por Anxo Lourido |
-
Os ‘haters’ do Nadal esnaquizan a decoración en diferentes localidades
Por Redacción |
-
Rouban figuras e causan desfeitas na decoración do Nadal de Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |