Tamén un cogomelo reivindica a orixe galega de Colón
Por Oskar Viéitez
O enxeñeiro agrónomo, profesor de Micoloxía e presidente da Asociación Brincabois, Jaime Bernardo Blanco Dios achegouse estos días a Casa Museo de Colón, situada en Portosanto, para dar conta dun pulo máis á hora de defender e destacar a teoría das orixes galegas do navegante Cristóbal Colón.
Trátase dunha especie de cogomelo que foi achado por primeira vez a finais de 2015 en Lourizán por este micólogo, que decidiu bautizar este novo exemplar cun nome que servise coma homenaxe a Cristóbal Colón: ‘Fayodia Gallaecioloniana’, chamouno.
Aínda que rexistrar o nome non foi sinxelo xa que no Rexistro Mycobank a persoa encargada tirou da versión oficial de que Colón era xenovés e custoulle aceptar a denominación proposta.
A tenente de alcalde e edil de Turismo e de Participación Veciñal e Espazos Cidadáns, Silvia Díaz e o presidente da Asociación Galicia Histórica, Pedro Martín, recibiron hai uns días unha doazón por parte de Blanco Dios de dous libros sobre micoloxía, nun dos cales aparece un apartado específico sobre esta especie que xa figurará vencellada á teoría do Colón Galego.
Trátanse de obras escritas conxuntamente polo propio Blanco Dios e por Amancio Castro. Á súa vez, Díaz e Martín fixéronlles entrega duns obsequios aos escritores e micólogos.
Relacionadas:
-
Seis iniciativas privadas planean construír cabanas de madeira para uso turístico en Cerdedo-Cotobade
Por Oskar Viéitez |
-
Abren un sartego do século XV en Vilagarcía na busca do rastro de Colón
Por Redacción |
-
Na busca de ADN que corrobore a teoría da orixe galega de Colón
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |