Marín apúntase á reciclaxe de roupa e aceite
Por Redacción
O Concello de Marín acaba de lanzar dúas campañas de concienciación destinadas á boa reciclaxe de aceite de cociña e de roupa.
A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, explica que en ambos casos o que procuran é "concienciar á cidadanía da importancia de ter unha visión sostible da xestión dos nosos residuos en todo momento, non só no que xa tradicionalmente entendemos por reciclaxe".
Deste xeito, creáronse uns embudes para recoller nunha botella o aceite de cociña usado e tamén unhas bolsas de tea nas que ir acumulando esa roupa que xa non se utiliza e que, posteriormente, se levará aos colectores de reciclaxe de roupa.
Este material foi repartido ao longo desta semana nos centros educativos e pronto será tamén levado ao mercado.
No que respecta ao aceite, desde o Concello destacan que é esencial reciclar aquel que utilizamos para cociñar porque supón un residuo altamente contaminante para a rede de sumidoiros. Tamén dá problemas de obstrución dos canos e coa súa boa recollida evítase que se produza unha proliferación de organismos prexudiciais para a saúde e os malos cheiros.
Sobre a roupa, fan unha chamada a ir contra esa 'moda rápida' na que se produce textil que apenas se utiliza ou que ten capacidade de volver ser utilizado para a produción de novos materiais, tratando de sacarlle toda a vida útil posible aos tecidos.
Relacionadas:
-
A máquina de reciclaxe da Praza de Abastos de Marín volve estar en marcha
Por Redacción |
-
A campaña 'Reciclando vidro para ellas' anima á cidadanía a colaborar coa Fundación Sandra Ibarra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Marín aproba con nota na recollida selectiva de lixo, agás nos voluminosos
Por Redacción |
-
A reciclaxe en Marín bate récords
Por Redacción |