Entrega das Flores de Honra en Caldas no certame Vilas en Flor
Por Redacción
O Auditorio de Caldas de Reis convertíase este venres 2 de decembro no escenario da entrega das Flores de Honra do certame de Vilas en Flor, que este ano establecía un récord de participación, coa distinción entregada a 39 municipios pola súa xestión paisaxística.
O acto estivo presidido por Ángeles Vázquez, conselleira de Medio ambiente, Territorio e Vivenda, quen estivo acompañada por Manuel González, tenente de alcalde de Caldas; e o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez.
As flores de honra entregáronse seguindo as puntuacións e os municipios de Tomiño, Chantada e Allariz lograban este ano a puntuación de catro puntos; mentres que Caldas e Cambados obtiñan tres, entre outros municipios.
Ángeles Vázquez destacou o compromiso dos 39 concellos galegos galardoados nesta ocasión polo seu traballo na mellora ambiental e da calidade de vida dos seus veciños a través de proxectos de axardinamento e ornamentación floral.
A conselleira tamén subliñou a relevancia de que municipios pequenos benefíciense da posta en valor das súas paisaxes como "activo fundamental" tanto ambientalmente como no terreo económico, ao converterse nun "innegable atractivo turístico".