A Axenda Urbana de Marín tamén escoita ao mundo da empresa, o asociacionismo e a veciñanza
Por Redacción
O proceso de redacción da Axenda Urbana de Marín segue a recoller as opinións de toda a poboación e, dentro da súa filosofía aberta, participativa e transparente, nos últimos días celebráronse no Museo Municipal Manuel Torres tres mesas de traballo, unha sobre economía circular e sostible, innovación e dixitalización, e outra sobre territorio, urbanismo e medio ambiente.
As mesas estiveron dirixidas por Juan Arredondo, membro de EOSA, a consultora que se está a encargar da redacción da Axenda, e establecéronse nunha dinámica de pregunta/resposta en tempo real.
Segundo a información facilitada polo Concello, todos os actores que participaron das mesas puideron intercambiar impresións sobre as súas opinións, convertendo a mesa de traballo nun espazo de reflexión e de detección das fortalezas e as debilidades que Marín debe recoller na Axenda Urbana, para facer, deste xeito, un diagnóstico correcto e claro.
Desde o Goberno local apuntan á importancia que ten esta parte no proceso de elaboración da Axenda Urbana, "xa que non podemos abordar os retos futuros que ten a nosa vila sen contar con todos aqueles paus que forman a mesa e que van desde as asociacións veciñais ata o mundo da empresa, pasando polas entidades comerciais e sociais".
Por outra banda, xa está aberta en liña a enquisa de participación que quere chegar a toda a veciñanza de Marín. A través da seguinte ligazón, é posible contestar a máis de 50 preguntas para poder ofrecer opinións sobre diversos asuntos: https://enquisas.concellodemarin.es/
A enquisa estará aberta ata o 8 de decembro, para despois poder sacar un informe de avaliación dos resultados e incorporalos no documento final da Axenda Urbana, que deberá ser aprobado no Pleno da Corporación.
Relacionadas:
-
A asociación 'Por un museo do mar para Marín' convoca unha asemblea para "salvar o vello peirao"
-
Marín xa ten o seu propio Plan Municipal de Emerxencias
Por Redacción |
-
O Concello de Marín cambia a súa páxina web por unha nova "máis moderna, actualizada e intuitiva"
Por Redacción |
-
O Concello de Marín lanza un proceso de participación para elaborar a súa Axenda Urbana
Por Redacción |
-
Enquisa online para participar na Axenda Urbana de Marín
Por Redacción |