Unai Sordo reclama ao Goberno "que se moje" e deixe de "ponerse de perfil" con ENCE

Por Alejandro Espiño

© EFE / Salvador Sas

© EFE / Salvador Sas
Os traballadores da fábrica que Ence ten en Pontevedra recibiron este mércores o apoio "incondicional" da cúpula nacional de Comisións Obreiras. Foi coa visita á factoría de Lourizán do secretario xeral confederal do sindicato, Unai Sordo.
Acompañado das máximas responsables de CC.OO en Galicia e Pontevedra, Amelia Pérez e Pilar Mosquera, respectivamente, Sordo quixo trasladar coa súa presenza "nuestra solidaridad y empatía" cos traballadores ante a situación actual deste complexo industrial.
Recoñece que "hay poco margen para actuar" ao estar pendente dun proceso xudicial e, en concreto, da decisión do Tribunal Supremo sobre a legalidade da prórroga da concesión que lle permitía ocupar terreos de Costas ata 2073.
Pero, a pesar da "incertidumbre abierta" por esta disputa nos tribunais, o líder de Comisións Obreiras reiterou o seu apoio a que Ence poida continuar coa súa actividade industrial en Pontevedra, como reclaman os seus traballadores e a propia empresa.
A este respecto, Unai Sordo apuntou que "en esta vida hay que mojarse" aínda que haxa temas nos que os gobernos "se excusen y se pongan de perfil" porque abordan cuestións que xeran "reacciones contradictorias" e nas que existen "muchas variables".
"En estas situaciones nosotros nos mojamos y todas las instituciones tienen que hacer lo propio", subliñou Sordo, que defende facer "compatible" o cumprimento das normativas ambientais e dos límites de emisións coa actividade produtiva e a creación de emprego.
Tras atender aos medios de comunicación, Unai Sordo fixo un percorrido polas instalacións da fábrica pontevedresa, acompañado por directivos da propia compañía, e a continuación mantivo un encontro de traballo cos comités de empresa da fábrica e das súas oficinas.
Sobre o seu futuro, a presidenta do comité de empresa das oficinas de Ence, Ana Cedeira, foi clara. "Se hai unha sentenza favorable quedamos, se hai unha sentenza desfavorable a empresa pecha. Vai facer e díxoo ata a saciedade", subliñou.
"Non hai opción ao traslado", asegurou Cedeira, que lamentou que chegado ese caso "cinco mil traballadores e as súas familias van ir á rúa".
Ante esta situación, a representante dos traballadores censurou que as institucións con competencias neste asunto "seguen mareando a perdiz" cun suposto traslado "que a empresa xa dixo que non é posible".
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez, sobre ENCE: "Hai base xurídica para que continúe desenvolvendo a súa actividade"
Por Redacción |
-
Ana Pontón, sobre ENCE: "Agardamos que a sentenza que xa temos se ratifique porque sería sorprendente que iso non se fixese"
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
7 de febreiro, data clave para ENCE: O Supremo examinará a anulación da súa prórroga
Por Alejandro Espiño |
-
Anuncian concentracións en ENCE ante o despedimento "por represión sindical" dun traballador da contrata APPLUS+
Por Anxo Lourido |
-
Suárez Costa, preocupado polas 156.000 toneladas de pasta de papel que se deixaron de exportar este ano
Por Oskar Viéitez |
-
Ence inicia en Navia a produción de Naturcell, celulosa que só se estaba a subministrar desde a fábrica de Lourizán
Por Anxo Lourido |
-
ENCE, ao 50% de produción en Pontevedra, agarda retomar a normalidade en dez días
Por Alejandro Espiño |
-
ENCE estima que a súa fábrica en Pontevedra retomará a súa actividade a mediados de novembro
Por Alejandro Espiño |
-
Ence berra na rúa: "De Lourizán non nos moverán"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O líder de CCOO en España apoia as reivindicacións dos traballadores de ENCE e a súa permanencia en Pontevedra
Por Redacción |
-
O Supremo apraza a votación que marcará o futuro de Ence en Lourizán
Por Redacción |