O Concello contrata arranxos nos colexios de Carril, Piñeiriño, Rubiáns e O Vilar
Por Redacción
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilagarcía aprobou nas últimas semanas a contratación de diversas obras de arranxos e mantementos a realizar en cinco dos centros educativos do municipio.
Concretamente actuarase no colexio Rosalía de Castro de Carril, no CEIP de Piñeiriño, na Escola Municipal de Música, no colexio de Rubiáns e na escola unitaria do Vilar, en Bamio.
Cun investimento total de 34.750 euros, os traballos a realizar consisten en actuacións para resolver filtracións de auga, limpeza de canlóns e instalacións de novos portais de acceso ás instalacións.
Estas medidas completan ás labores da posta a punto previa a cada inicio de curso e ás obras menores de conservación e mantemento das instalacións educativos que o Concello realiza de forma constante ao longo do ano con persoal municipal.
O maior investimento desta quenda de actuacións corresponde á do colexio Rosalía de Castro de Carril, onde se van a levar a cabo dúas actuacións cun custe total de 23.086 euros.
Relacionadas:
-
A partir do 1 de decembro a vacina anticovid administrarase nos hospitais Montecelo e do Salnés
Por Redacción |
-
Unha campaña informará sobre o uso dos puntos limpos móbiles e a recollida de aceite doméstico en Vilagarcía
Por Redacción |
-
RADIO.- Ángela Banzas, a autora do misterio e a intriga na ría de Arousa
Por Marisa Ciordia |
-
A directora xeral da Garda Civil felicita o equipo VioXén de Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |