Retiran os cristales do lucernario do Principal ante o risco de caída á rúa
Por Redacción
Os bombeiros de Pontevedra tiveron que acordoar as rúas próximas ao Teatro Principal ante o risco que supoñían os cristais do lucernario, que ameazaban con caer.
Os cristais deslizáronse da súa ancoraxe cara abaixo, segundo fontes municipais, polo que os servizos de emerxencia optaron por retiralos antes de que caesen cara á rúa.
Técnicos dunha empresa especializada volverán colocalos nas próximas horas, reforzando as súas ancoraxes para evitar que volvan moverse por efecto do temporal ou do vento.
Durante os traballos que levaron a cabo os bombeiros, sobre as dúas da tarde, quedaron pechadas ao tránsito peonil as rúas Tetuán, Alhóndiga e Don Filiberto.