Dúas persoas atrapadas nunha colisión frontal entre dous vehículos en Salcedo
Por Redacción
O 112 informou dun accidente con feridos na estrada N 550 no quilómetro 125 na parroquia de Salcedo, fronte á gasolineira O Rosal. Aconteceu ás 11.51 horas.
Segundo estas mesmas fontes, tratouse dunha colisión frontal na que quedaron atrapadas dúas persoas. Ambas as dúas foron rescatadas conscientes e orientadas e foron trasladadas a un centro hospitalario da cidade,
Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos de Urxencias Médicas, Garda Civil e os bombeiros de Pontevedra.
Segundo informou o 061, trasladouse ao Hospital Miguel Domínguez a un varón de 48 años, C. G. F. P.; e foi derivado en ambulancia medicalizada ao Hospital Montecelo ao ferido que se atopaba máis grave, S. L. A., de 67 años. Ambos estaban conscientes.
Como consecuencia do accidente foi necesario cortar a estrada durante 40 minutos.