Aparatoso accidente na ponte da autoestrada sobre a ría de Pontevedra
Por Redacción
O 112 informou este venres dun accidente de tráfico na Autoestrada do Atléntico AP-9. Foi un particular quen alertou as 9:05 horas dun aparatoso accidente na ponte da ría no Concello de Pontevedra.
Nun primeiro momento creu que podería haber persoas atrapadas polo que se mobilizou os bombeiros, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.
Un turismo sufriu unha colisión cando circulaba pola ponte en sentido Vigo.
Unha persoa que viaxaba nel quedou atordada como consecuencia do golpe.
Ata o lugar do suceso se trasladou unha ambulancia de Urxencias Médicas, efectivos da Garda Civil e do Centro de Atención de Tráfico.