Atopan en bo estado o pontevedrés desaparecido
Por Redacción
Cristian Tomé Lores, o mozo pontevedrés desaparecido o pasado 22 de novembro, foi localizado este domingo na Ramallosa, no concello de Nigrán.
Achegados á súa familia confirmaron que se atopa en "aparente bo estado" de saúde e SOS Desaparecidos desactivou a alerta lanzada.
Nas últimas horas, a familia de Cristian, de 35 anos informou de que o estaban buscando en Vigo tras recibir avisos de que fora visto en diferentes zonas do municipio. Concretamente había sifo visto pola zona do centro comercial Travesía de Vigo, o xoves pola tarde, e nunha cafetería da zona de Coruxo, o venres pola mañá.
En declaracións ao diario dixital VigoÉ, a súa familia comentou que estaban "moi preocupados porque só levou medicación ata onte" e en calquera momento "podíalle dar un ataque epiléptico".