Comeza a instalación da rede de auga potable en tres edificios da rúa Cambria do barrio de Monte Porreiro

Por Redacción
A Concellaría de Obras Urbanas que dirixe Demetrio Gómez iniciará este luns as obras da nova rede de abastecemento de auga potábel á rúa Cambria, no barrio de Monte Porreiro.
Trátase dunha das poucas zonas de vivenda colectiva do barrio que non dispón do servizo de auga corrente municipal, xa que se prové dun pozo.
As vivendas beneficiadas serán os edificios cos números 2, 4 e 6 e o proxecto ten un investimento de 39.920 euros.
Esta actuación forma parte do plan global proxectado no seu día para trasladar o modelo de cidade ao barrio de Monte Porreiro reformando as rúas Grecia e Alemaña. Logo da polémica xurdida coa proposta o Goberno local mudou as prioridades de actuación no barrio, e o Concello de Pontevedra paralizou aquela actuación.
Naquel momento tamén anunciou que mantiña "proxectos indispensables" como este da rede de abastecemento da rúa Cambria, unha situación que se descubriu no momento en que se redactou a reforma de Grecia e Alemaña.