A ONCE saca a licitación por 1,2 millóns a segunda fase da urbanización dos seus terreos en Campolongo
Por Oskar Viéitez
O Boletín Oficial da Provincia publicou este venres o anuncio de contratación da segunda fase das obras de urbanización do ámbito delimitado polas rúas de Luís Braille, Santa Lucía e o Camiño das Abilleiras e o Instituto Torrente Ballester da cidade de Pontevedra promovidas pola Organización Nacional de Cegos Españois (Once).
O proxecto de Urbanización desta segunda fase das obras de urbanización dos solos da ONCE en Campolongo foi redactado polos arquitectos, Eugenio Jiménez Passolas, Gustavo Pérez Álvarez e Amador Rey Camiño.
O orzamento de execución material das obras ascende a 1.249.103 euros, sen incluír o IVE.
A partir da publicación do anuncio ábrese o prazo de 15 días naturais para que as empresas licitadoras presenten as súas ofertas.
Relacionadas:
-
O Concello abrirá nuns días o novo vial da ONCE, entre Luís Braille e a Avenida de Vigo
Por Oskar Viéitez |
-
Promoven un novo centro para a terceira idade con vivendas estilo cohousing na zona de Tafisa
Por Natalia Puga |
-
Amencer-Aspace agarda iniciar a súa actividade na residencia de Centro Sur en setembro de 2023
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Aprobada a licenza de obras para a reforma integral da residencia de maiores de Campolongo
Por Redacción |