Os donos comunican aos inquilinos que deben abandonar o edificio número 11 de Michelena
Por Oskar Viéitez
O próximo 31 de xaneiro o Espazo coworking Arroelo deberá abandonar o seu piso no número 11 da rúa Michelena, segundo notificoulle a empresa Hercor Investimentos.
Esta mesma comunicación foi remitida ao resto de inquilinos deste inmoble onde teñen oficinas unha construtora, unha clínica dental, unha escola deportiva ou unha asesoría entre outras actividades profesionais aí situadas.
Meses atrás, os plans da propietaria do inmoble atopáronse coa negativa de Patrimonio da Xunta á solicitude de derriba deste edificio.
Patrimonio insiste en que, a pesar de que o inmoble non está protexido, está afectado pola declaración como BIC do Santuario da Peregrina. En concreto, a protección do templo impide cambiar a fisionomía do perímetro que lle rodea e, no caso concreto deste edificio, o informe técnico conclúe que, tiralo e deixalo como un solar, non é unha opción aceptable segundo a normativa patrimonial.
A empresa Hercor Investimentos si conta con licenza de demolición aprobada para o outro edificio afectado, o situado en Gutiérrez Mellado 3 na entrada das Galería Oliva, ao non ter ningún tipo de protección urbanística. A reconstrución deste ámbito abarcaría a ambos os espazos.
Relacionadas:
-
Trasladar Zara de Benito Corbal a Michelena, entre os plans de Inditex para Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Xa está pechado o tramo das Galerías Oliva desde Gutiérrez Mellado
Por Oskar Viéitez |
-
As Galerías Oliva terán un paso peonil garantido durante o tempo da demolición
Por Natalia Puga |
-
Solidariedade Internacional, a resistencia tras o peche do resto de negocios do tramo a demoler das Galerías Oliva
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O futuro dos baixos comerciais de Michelena, 11: "Tiñamos un contrato ata 2025 e marchamos enganados"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
As galerías da Oliva, unha rúa sen saída para os comerciantes que se libran da derriba
Por Manu Otero |
-
A un paso de demolerse un tramo das Galerías Oliva
Por Redacción |
-
O "non" de Patrimonio a derrubar o edificio de Michelena deixa no aire a demolición das Galerías da Oliva
Por Alejandro Espiño |
-
Patrimonio non autoriza a demolición do edificio de Michelena lindeiro coas Galerías da Oliva
Por Alejandro Espiño |