O boulevard de Portonovo empeza a facerse realidade a partir do luns

Por Redacción
O futuro boulevard de Portonovo, en Sanxenxo, empeza a facerse realidade. As obras empezarán o luns 28 de novembro cos traballos de replanteo e catas de terreo.
A actuación dará comezo no tramo que vai desde a rotonda de entroncamento de Rafael Picou, estrada da Lanzada e Vial Provincial a Adina ata o desvío cara á Rúa Areal.
As obras van provocar ao longo dos próximos meses restricións na circulación, pero serán máis adiante. De feito, segundo confirma o Concello de Sanxenxo, afectarán o tráfico viario despois de Nadal co obxectivo de que non afecten a unha das campañas de vendas máis importante do ano.
Tras o período do Nadal, habilitarase un carril único central no tramo incluído dentro da primeira fase para garantir o paso de vehículos de residente ou de servizos.
A obra custará 2.319.460,74 euros, o que supón un baixa respecto ao orzamento basee de licitación de 9.315,10 euros cunha ampliación do prazo da garantía de catro anos. Foi adxudicada á empresa Oresa Construción e Servizos Globais.
A actuación supoñerá unha profunda mellora do corazón comercial de Portonovo. Centrarase nun tramo de 810 metros e o obxectivo é conseguir que nesta vía gañen protagonismo as persoas fronte aos vehículos.
A obra farase en tres fases. A primeira vai desde a rotonda de inicio dos traballos ata o mercado de abastos; a segunda, desde o mercado ata o cruzamento da Perla onde está prevista a construción dunha rotonda e a terceira, desde A Perla ata a nova rotonda de Canelas.
Relacionadas:
-
As obras do boulevard de Portonovo estarán finalizadas antes de Semana Santa
Por Redacción |
-
Reactívanse as obras do boulevard de Portonovo coa intención de finalizar en xuño
Por Redacción |
-
Incremento do 21,6% en gasto social no orzamento de 39 millóns de euros para 2023 en Sanxenxo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Sanxenxo quere comezar as obras do bulevar de Portonovo antes de final de ano
Por Redacción |