Carmela Silva esixe a "retirada inmediata" da campaña da Xunta polo 25N: "Pon o foco nas vítimas"
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra esixiu a "retirada inmediata" da campaña da Xunta de Galicia con motivo do 25N, día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, por "poñer o foco nas vítimas e non nos maltratadores"
"Que a retiren xa e que pidan desculpas", reclamou a presidenta provincial, Carmela Silva, que considera "intolerable" que o goberno galego "amparara e permitira" esta campaña.
Silva expresou a súa "indignación" ante esta campaña e lamentou que o PP demostre que non ten "absolutamente ningún coñecemento" sobre que é o sistema patriarcal "o que xera as violencias e as agresións sobre as mulleres" e non o que fan as mulleres.
As violencias machistas, reiterou a dirixente socialista, "nacen dunha sociedade patriarcal que considera que as mulleres están nunha situación de inferioridade", ao impedir que sexan libres, tomar as súas propias decisións ou ter control sobre a súa vida.
"Xustamente esta campaña, en lugar de poñer o foco no maltratador, no asasino de mulleres, pono nas actividades que libremente teñen, poden e deben desenvolver as mulleres", denunciou a presidenta da Deputación de Pontevedra.
Sostivo que, para facer unha campaña deste tipo, "é mellor non facer ningunha" porque se volve a pousar a mirada "nas que somos agredidas nunha sociedade machista".
Relacionadas:
-
Carmela Silva reclama renovar o Pacto de Estado contra a violencia machista e "darlle as costas" a partidos "negacionistas"
Por Alejandro Espiño |
-
25N | A Deputación considera "máis necesario que nunca" sensibilizar fronte ás violencias machistas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Fiscalía fai fincapé na violencia machista que se está a dar entre a xente máis nova
Por Oskar Viéitez |
-
As paredes da facultade de Educación recollen preto de 200 testemuños sobre violencia machista
Por Oskar Viéitez |