Os traballadores de Conservas Alonso maniféstanse contra os despedimentos
Por Redacción
O despedimento de seis traballadores de Conservas Antonio Alonso mantén aberto un conflito laboral que leva camiño de encistarse. Este venres 13 ás 19.30 horas, a FGAMT-CIG convocou unha manifestación en protesta por eses despedimentos que partirá da Praza do Concello de Bueu e percorrerá as principais rúas do municipio pontevedrés.
Esta decisión súmase ao inicio dunha folga indefinida a partir do martes 17 por decisión da asemblea de traballadores.
Os contactos entre a empresa, que comercializa os produtos baixo a marca Palacio de Oriente, e o comité de persoal encóntranse derrotas dende hai dúas semanas. Os representantes sindicais reclaman a retirada dos seis despedimentos para retomar as negociacións.
Dende a FGAMT-CIG critican que a conservera recibise entre os anos 2008 e 2012 máis de 900.000 euros en subvencións públicas da Consellería de Medio Rural e Mariño para modernizar as súas instalacións e que, agora, despida persoal.