
© Concello de Vilagarcía de Arousa
Solidariedade musical na elaboración do calendario para 2023 da Protectora de Animais de Vilagarcía

Por Redacción

© Asociación Protectora de Animales de Vilagarcía de Arousa
O Salón Nobre do Concello de Vilagarcía acollía nas últimas horas a presentación do tradicional calendario que elabora a Asociación Protectora de Animais da vila.
Nesta ocasión a temática escollida é a música. Para a elaboración do calendario artistas musicais da cidade posaron xunto a algún dos animais que se atopan nas instalacións da Protectora.
Desta forma Perseguidor; Pablo Somoza; Rosina Sobrido; Carlos Rey; Dani Barreiro; DjMoe; Sete Setenta coa súa homenaxe a Manolin; Escuela de Música Bernardo del Río; Juan Carlos Cambas; Orquesta de Pulso e Púa Arousa; Elena Rodríguez e Joel Padín aparecen retratados por zootografo neste almanaque.
O diñeiro que se recade irá destinado a axudar os 200 cans e 150 gatos que habitan na actualidade na Protectora de Vilagarcía.
O calendario e a axenda do 2023 pódense aquirir por un prezo de sete euros na Protectora, nos centros veterinarios da vila e nas carpas que se instalarán os días 3 e 17 de decembro na Rúa A Baldosa con Valentín Viqueira