O Concello humanizará o lugar dos Castros, en Quireza, e a rehabilitación do lavadoiro da Botica
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro achegáronse ata o lugar dos Castros, en Quireza, para tomar nota dos últimos detalles para que o Concello comece as obras incluidas no Plan Hurbe, de la Xunta, para humanizar este camiño que vai desde Fonte Seca ata igrexa.
O proxecto conta xa co visto bo de Patrimonio para unha posta en valor deste espazo rural.
Ademais, afrontarase tamén, e con cargo ás axudas do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, a recuperación medioambiental da fonte lavadoiro da Botica, nos Castros (Quireza), un conxunto interesante encaixado no terreo para permitir o uso da auga por gravidade, preto da igrexa e da reitoral da parroquia.
Con este investimento afrontarase unha profunda transformación deste espazo rural que permitirá destacar aínda máis a súa beleza e funcionalidade a través da creación de espazos de disfrute veciñal, pavimentado con lastros e canalización de augas pluviais para permitir unha mellor accesibilidade na zona.