Ataca os policías locais que lle recriminaron por andar polo medio da calzada
Por Redacción
Os axentes da Policía Local de Vilagarcía de Arousa denunciaron un veciño por agresión e insultos á autoridade.
Segundo informaron fontes oficiais, os feitos tiveron lugar ás 8 da mañá do sábado. Este veciño estaba a andar polo medio da avenida do Doutor Tourón, con evidente perigo para el e para os vehículos que pasaban por ese vial, un dos máis transitados da cidade.
Cando os axentes advertíronlle que depuxese a súa actitude e que circulase pola beirarrúa, este individuo negouse e comezou a insultar aos policías. Cando se achegaron a el, un dos axentes foi atacado fisicamente.
O agresor foi despois trasladado aos calabozos da Policía Nacional, onde foi cursada a correspondente denuncia.
ALCOLEMIAS
Durante esta fin de semana foron denunciadas outras tres persoas por conducir baixo os efectos do alcol e outras substancias non permitidas. Por esa razón serán sometidas a xuízos rápidos en aplicación da lei de Seguridade viaria.