Dúas persoas foron trasladadas con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono en Meis
Por Redacción
Dúas persoas foron trasladadas durante as últimas horas a un centro hospitalario con síntomas de intoxicación por inhalación de monóxido de carbono no municipio de Meis.
Segundo informa o 112 Galicia, investígase se a intoxicación foi provocada por un braseiro aceso durante demasiado tempo na vivenda no lugar da Goulla.
Os Bombeiros de Ribadumia informaron ao 112 Galicia sobre o resultado positivo nas medicións de gas. Unha vez comprobado, procederon a ventilar a casa.
O 112 Galicia recibiu a alerta a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, de forma inmediata, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia trasladaron a situación aos Bombeiros de Ribaumia, á Garda Civil e á Agrupación de Protección Civil de Meis.