200 paxaros exóticos sorprenden no II Concurso Exposición de Aves Psitácidas en Cerdedo
Por Redacción
Finalizou o segundo Concurso Exposición de Aves Psitácidas, que esta fin de semana desenvolvíase en Cerdedo, organizado pola Asociación Astur-Galaica ASGADA, en colaboración co Concello de Cerdedo-Cotobade.
Antonio Gómez resultaba gañador como mellor criador; mentres que José Bacariza levaba o de mellor agapornis; e Francisco Javier García Robledo obtiña o de mellor equipo, segundo a decisión do xurado, procedente da Comunidade Autonóma de Valencia. A selección realízase atendendo a diferentes factores como o estado da plumaxe, pico e patas; talla, cor e a mutación, entre outras características.
No acto de clausura e durante a entrega de premios participou o alcalde Jorge Cubela, ademais do presidente da asociación organizadora, Iván Quintela, entre outras autoridades.
O certame celebrábase no antigo taller de emprego de Cerdedo coa presenza de 200 exemplares, entre os que se atopaban varios campións de España e do mundo en diferentes modalidades.
Entre os máis espectaculares atopábase un papagaio de gran tamaño que chamou a atención do público asistente.