Tensión, expolio e "guindillas" na comisión de Infraestruturas con debate sobre o PXOM
Por Redacción
A comisión de Infraestruturas que se desenvolveu na mañá deste xoves 12 rematou cun enfrontamento dialéctico entre os concelleiros do BNG e do PP que finalizou o edil que preside esta comisión, César Mosquera, abandonando a sala.
O debate, segundo expuxo Mosquera, iniciouse " porque si". Segundo o concelleiro popular, Ricardo Aguilar, o seu grupo solicitara que se cumprise o acordo plenario para que esta comisión de Infraestructuras todos os meses e solicitaron explicacións sobre a situación da rúa Echegaray, a Avenida de Vigo, os arranxos da Avenida de Marín, o aparcadoiro de Pasarón ou os plans previstos para Cruz Gallástegui e Blanco Porto. E o enfrontamento agreouse cando se tratou o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Para César Mosquera, a actitude dos concelleiros populares "só podo entendela porque esta mañá tomaron a guindilla" e engadiu que se dedicaron a "disparar a todos os lados dunha forma que nunca vin neste Concello incluso en épocas duras".
Ricardo Aguilar recoñeceu a tensión que se derivou da actitude do concelleiro nacionalista cando ao preguntarlle polo PXOM indicou que "ese problema no era de él y culpó al PP y al PSOE". Aguilar Argenti sinalou ademais que "parece que las comisiones de Infraestructuras se van a hacer cuando ellos quieran y con el PXOM no se va a hacer nada".
O concelleiro popular destacou que tamén, durante o transcurso da comisión, o edil socialista, Antón Louro, esixiu que se puxese en marcha a elaboración do PXOM.