Unha muller resulta ferida nun accidente de tráfico en Vilariño
Por Redacción
O 112 informou dun accidente de tráfico na avenida de Vilariño, en Cambados, sobre as 00:15 horas do xoves ao colidir unha furgoneta contra un vehículo que estaba aparcado.
No sinistro resultou ferida unha muller que foi evacuada en ambulancia ao Hospital do Salnés.
Segundo informa Protección Civil de Cambados, a ferida é A.M.M.A. de 24 anos e veciña de Ribadumia.