A Deputación e a Universidade de Vigo asinan un novo protocolo para "ir máis lonxe e traballar máis arreo"
Por Redacción
Co obxectivo de "impulsar novas iniciativas, actividades e proxectos conxuntos que sigan a contribuír ao desenvolvemento social e económico da provincia" a presidenta da Deputación Carmela Silva e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, xunto ás vicerreitoras dos campus de Pontevedra e Vigo, Eva Lantarón e Natalia Caparrini, veñen de asinar un novo protocolo de colaboración para regular as relacións entre ambas institucións.
Trátase dun acordo marco a través do cal se artellarán diferentes iniciativas centradas na igualdade, na mobilidade do alumnado, en impulsar grupos de investigación, na colaboración en proxectos culturais ou relacionados co medio ambiente, na organización de actividades académicas, na captación de fondos europeos ou na promoción dos campus de especialización.
Carmela Silva asegurou que é un protocolo "moi ambicioso" que toca todos os campos de traballo e coñecemento "e nos vai permitir seguir tendo esta extraordinaria relación que temos coa Universidade de Vigo" unha "das cousas máis intelixentes que fixemos na Deputación".
Pola súa banda o reitor destacou que este novo protocolo "vainos permitir ir máis lonxe e traballar máis arreo, cara afora estando presentes e fomentando, por exemplo, mecanismos para que as mulleres nos se queden atrás nas STEAM, e cara dentro, impulsando un traballo interno mellor, unha formación máis completa dende o punto de vista de ter coñecemento e transferilo".
O novo protocolo terá vixencia de catro anos, con posibilidade de prórroga, e materializarase a través de sucesivos convenios.
Relacionadas:
-
A enxeñeira cotobadense Belén Riveiro recolle un dos Premios Nacionais de Investigación 2022
Por Redacción |
-
A Deputación acolle este xoves a xornada 'Lingua galega e sociedade na Educación Secundaria'
Por Redacción |
-
Un estudo desvela que só o 26 % das mulleres do audiovisual galego ocupan postos directivos
Por Redacción |
-
O proxecto Depoinnova recibe 69 propostas para o ámbito social e a economía verde
Por Redacción |