Convocan unha concentración con bonecos ante o Centro de Saúde de Baltar para reclamar pediatras e matronas
Por Redacción
A Plataforma SOS Sanidade Pública Sanxenxo organiza o domingo 20 de novembro, ás 12.00 horas, ao redor do Centro de Saúde de Baltar unha concentración e unha cadea humana baixo o lema "Arroupando a sanidade pública digna".
A protesta reclama á xerencia da área sanitaria a cobertura das postos vacantes por baixas, vacacións e xubilacións, ademais do reforzo de ambulancias medicalizadas cunha a maiores na zona sanitaria. Piden tamén equipos completos nos PAC e, en xeral, máis persoal sanitario, máis atención primaria e "menos postureo".
Pero ademais, a concentración tamén é un apoio á marcha do colectivo Pediatras e Matronas Xa! con motivo do Día da Infancia. Precisamente en Baltar carecen de servizo de pediatría no centro de saúde.
Na convocatoria solicitan que se deixen bonecos ás portas do recinto médico para manifestar o malestar pola falta deste servizo. Tamén instalarán pancartas no xardín para que quede constancia das queixas. Piden que os participantes realicen fotos e súbanas ás redes co cancelo #pediatrasematronasxa
Aqueles bonecos que non se recollan antes das 17.00 horas do 21 de novembro serán doados a unha organización sen ánimo de lucro para a campaña do Nadal.
Relacionadas:
-
O centro de saúde de Vilalonga non terá médico do 5 ao 9 de decembro
Por Redacción |
-
Bonecos para demandar un pediatra e melloras na Atención Primaria de Baltar
Por Redacción |
-
SOS Sanidade O Grove convoca unha concentración este domingo para reclamar persoal para dúas prazas de Pediatría
Por Anxo Lourido |
-
Nova fin de semana sen médicos en Baltar, Cambados e O Grove
Por Redacción |
-
Sanidade ampliará o centro de saúde de Baltar coa construción dunha nova planta
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Denuncian a "falta de compromiso" dos responsables sanitarios para mellorar a situación en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |