Podemos presenta a María Luisa Lores como a súa cabeza de lista para as eleccións municipais
Por Diego Espiño
María Luisa Lores será a cara visible de Podemos nas eleccións municipais do próximo ano 2023 á alcaldía de Pontevedra.
De 66 anos e radióloga de profesión con 40 anos de servizo no Hospital de Montecelo, a de María Luisa Lores foi a única candidatura presentada ás primarias da formación violeta, que agora buscará unir forzas con outras formacións afíns para definir a lista e a marca coa que concorrerán aos comicios.
"Estamos dispostos a calquera nome de unidade", asegura defendendo que o importante será unir ao espazo progresista e que "toda a esquerda pelexe por Pontevedra".
"Preséntome ás eleccións ao Concello porque penso que hai que facer unha viraxe á esquerda, ao progresismo, á defensa do público, unha defensa máis potente da muller, da xuventude, da saúde pública, do gasto social", explicou a que será cabeza de lista de Podemos.
Ademais de pertencer a esta formación "son de Esquerda Unida e fun da Marea ata que se desfixo", explicou Lores, persoa moi activa na cidade nos últimos anos como representante da Asociación Galega Pola Defensa da Sanidade Pública. Tanto é así que "creo que se a xente de Pontevedra me coñece por algo é pola miña defensa da sanidade pública", asegura.
Xunto a ela Podemos contará con Mar Moreira, Patricia Cardozo, Raquel Miguélez, Ramón Otero e Miguel Ángel Rodríguez.
Relacionadas:
-
Ángela Rodríguez, 'Pam', apoia a Podemos Pontevedra pechando a candidatura para o 28M
Por Redacción |
-
Luisa Lores, candidata de Podemos: "Teremos que pactar para ser decisivos como Unidas Podemos a nivel estatal"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Pontevedra Alternativa estará nas municipais para canalizar o "descontento" dos cidadáns
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O socialista Xoel Souto aspira a ser alcalde de Moraña como o seu avó Xosé Eiras
Por Oskar Viéitez |