Etiqueta Negra, a feira do gourmet galego, abre este sábado as súas portas no Recinto Feiral de Pontevedra
Por Redacción
Cociña en directo, presentacións de produtos, degustacións, catas comentadas, maridaxes e outras moitas actividades sucederanse ao longo dos próximos tres días en Etiqueta Negra, a feira do gourmet galego, que permanecerá aberta, en horario ininterrompido, o sábado 12 e o 13 domingo de 11.00 a 21.00 horas e o luns 14, ata as 20.00 horas.
Esta sexta edición contará coa participación de oitenta produtores que destacan pola singularidade e alta calidade dos seus produtos. Deles, vinte darán a coñecer por primeira vez nesta feira os seus alimentos e bebidas de alta gama.
Nos distintos stands poderanse atopar viños, licores, vermús, cervexas e outras bebidas sorprendentes como o hidromel, cafés, infusións, marmeladas, mel, galletas, tortas, doces, xeados, doce de leite, aceites, queixos, patés, carnes, caracois, embutidos, conservas, cogomelos, legumes, salsas e aderezos, pans e empanadas e un sen fin de delicias que farán gozar aos padais máis esixentes.
Moitos destes produtos poderán saborearse tanto na Zona de Catas como na Viñoteca, espazos destacados que ofrecerán unha intensa programación continuada. Xunto coa Tetería da Deputación de Pontevedra que volverá para dar a coñecer e degustar o té galego, feito con camelias da Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Celebraranse tres sesións: o sábado e o domingo ás 18.00 horas e o luns, ás 12.00 horas.
A participación nas actividades destes tres espazos é gratuíta pero require inscrición previa en cadanseu posto, xa que as prazas son limitadas (24 persoas).
INAUGURACIÓN
Tras a apertura de portas (ás 11.00 horas), terá lugar o acto de inauguración da feira (11.30 horas), que contará coa presenza de Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde do Concello de Pontevedra; Manuel González Martínez, deputado de Centros de Investigación da Deputación de Pontevedra; Yoya Blanco Rial, concelleira de Promoción Económica do Concello de Pontevedra; Marta Giráldez Barral, presidenta da Mancomunidade do Salnés; Manuel Hermo Piñeiro, director do CIFP Carlos Oroza; e Miguel Ángel Vázquez Becerra, delegado comercial de Estrella Galicia, patrocinador principal da feira.
PROGRAMACIÓN DO SÁBADO
A programación de mañá, sábado 12, primeiro día de feira, abrangue a exhibición de cociña en directo dos chefs Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes, na que amosarán aos asistentes as elaboracións que conforman o menú do seu restaurante Ceibe, en Ourense. "O produto humilde como ferramenta creativa" é o suxestivo título deste showcooking, que resume á perfección a filosofía destes dous mozos, formados en Casa Solla, Culler de Pau ou Mugaritz. Para eles, o ecosistema e a despensa da que dispón Galicia fai que podamos recibir na cociña os mellores produtos de tempada, para ser servidos de maneira sinxela, respectando sempre os seus sabores e texturas naturais, bebendo da tradición e a cultura do antigo receitario galego desde unha perspectiva contemporánea e divertida. Será ás 18.00 horas no Anfiteatro 1906.
A música entra por vez primeira na programación de Etiqueta Negra. Para amenizar o ambiente, desenvolverase, no Espazo Gastro ás 19.45 horas, unha sesión tardiña con Beti de la Church, DJ de rock-garaxe-punk cuxas sesións están baseadas en temas de rock con versions feitas por mulleres e temas propios de mulleres, desde os setenta ata a actualidade.
NO ESPAZO ETIQUETA
Pola súa banda, o Espazo Etiqueta acollerá dúas sesións ás 11.00 e ás 17.00 horas da Cata Especial Mel Valdabelta que será impartido poto experto Manuel Simáes, Premio Nacionat de Gastronomía ao mellor Sumiller de Restauración en 2019 en San Sebastián Gastronomika, xunto a José María Arzak. Entre os seus recoñecementos destacan tamén o de "Cabaleiro de la Champagne", en novembro de 2012, polo alto coñecemento de produtos da Champagne e o de "Mellor cata de viños" cidade de Barcelona 2013 e 2015, entre outros.
Ás 19.00 horas terá tugar un taller dedicado á preparación de tapas creativas. Os asistentes terán a oportunidade de crear diferentes tapas con ingredientes sinxelos, primando o sabor, a estética e á orixinalidade. Ademais amosaranse diferentes opcións para cada unha, facendo un taller moi variado e produtivo, cheo de ideas e atternativas. As receitas serán elaboradas con produtos de temporada e de proximidade, poñendo en valor os recursos da zona sacando o maior proveito e sabor dos ingredientes que se atopan a miúdo nos mercados e na zona, sen recorrer a produtos complicados de atopar.
O curso -cunha duración de 45 minutos- será impartido por Indo e Vindo, un espazo gastronómico comandado por Rocío Garrido, Coque Fariña e Fran Jamardo, profesionais da cociña con experiencia na realización de eventos, talleres. showcookings, catas, etc., que veñen de crear un espazo físico en Cambados onde seguir ofrecendo formación e eventos gastronómicos, tanto ao público xerat como ao canal Horeca.
Para participar nel, cómpre inscrición e pago previo 115 euros) a través da páxina web etiquetanegragourmet.com. As prazas son limitadas.
PUNTO DE ENCONTRO PROFESIONAL
Etiqueta Negra será unha gran plataforma de negocio para as empresas do sector. Ao longo das tres xornadas desenvolveranse tanto no Punto de Encontro Profesional como nos propios stands numerosas reunións dos expositores con exportadores. distribuidores, tendas gourmet, restauradores, etc. como apoio ao acceso a novos mercados e a expansión dos seus negocios. Para iso, contactáronse con máis de 160 distribuidores de atimentación e bebidas, 325 tendas gourmet de Gaticia e de fóra, así como 200 restaurantes, hoteis, empresas de cátering e casas rurais.
Etiqueta Negra conta co apoio de Estrella Galicia como patrocinador principal, ademais de Cabreiroá. como auga oficial. Deputación de Pontevedra, Mancomunidade do Salnés, Froiz e Gadis. Así mesmo, colaboran nesta edición CIFP Carlos Oroza, Deteite. Efímera espacios temporales, Gráficas Anduriña e Labauh Factory.
Para aquelas persoas que desexen pasar todo o dia descubrindo sabores, exquisiteces e rarezas, haberá unha zona de comida e foodtrucks con interesantes propostas sobre rodas.
A entrada custa 3 euros por día pero tamén se pode mercar un abono para os tres días ao prezo de 5 euros.
Relacionadas:
-
Estudantes de cociña e restauración asumen o protagonismo no peche de Etiqueta Negra
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Etiqueta Negra non defrauda cunha alta asistencia de público ao Recinto Feiral
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Etiqueta Negra estrea a súa sexta edición apostando por "promover a innovación, a calidade e tamén a proximidade"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Aprende con Etiqueta Negra a elaborar tapas creativas e cociña con conservas e de aproveitamento
Por Redacción |
-
Etiqueta Negra quenta fogóns cunha maridaxe de produtos galegos con cervexa
Por María José Pita |