Rescatan trece cachorros abandonados en Ribadumia
Por Redacción
Persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra, vén de rescatar outra camada de cachorros abandonados, neste caso no concello de Ribadumia.
As sete femias e seis machos, que teñen aproximadamente mes e medio de idade, foron atopados nunha finca de pasto no lugar de Rabadeiro por un grupo de mozos, que enseguida deron aviso a Protección Civil de Ribadumia que alertou ao CAAN.
Dous dos animais pereceron á súa chegada ao centro da Armenteira, unha femia e un macho, polas malas condicións nas que se encontraban a consecuencia do seu abandono. O resto, polo momento, atópase en relativamente boas condicións, á espera da súa evolución nos vindeiros días e xa están a ser alimentados no centro, onde tamén se lles aplica o protocolo sanitario establecido baixo a supervisión permanente do equipo veterinario.
De momento, as femias Tina, Flora, Mara, Xolda, Vane e Lena e os machos Nino, Negrín, Miño, Pipo e Floro, tamén xa probaron a área de esparexemento do CAAN.
Relacionadas:
-
Rescatan unha camada de sete cachorros arroxados nun terraplén
Por Redacción |
-
"Leo", o podenco atropelado que atopou un novo fogar coa muller que o rescatou
Por Redacción |
-
Rescatan quince cachorros abandonados, seis en Ponte Caldelas e nove en Meaño
Por Redacción |
-
O 'avó' do CAAN atopa un novo fogar cunha familia de Cardiff
Por Redacción |