Ponte Caldelas numera as súas vivendas para facilitar o labor dos repartidores
Por Redacción
Máis de 3.000 vivendas de Ponte Caldelas están en pleno proceso de cambio. O goberno municipal iniciou os traballos para instalar unha nova numeración en todas elas.
O obxectivo desta iniciativa é homexeneizar a sinalización dos fogares que, ao mesmo tempo, facilitará a labor do servizo de Correos e das empresas de paquetería e de reparto a domicilio.
As placas están confeccionadas en material resistente á chuvia e teñen un tamaño de 15x15 centímetros. Contan cun moderno deseño no que o fondo de cor mostaza se combina con números en cor blanca e letras en azul.
En cada placa figurará o número da vivenda, a aldea na que se ubica e o escudo do Concello de Ponte Caldelas.
A empresa instaladora acordará con cada propietario a ubicación da placa.
Os traballos comezaron polo lugar de O Ramís, na parroquia de Anceu, e a sinalización realizarase de xeito ininterrumpido en todas as vivendas de Ponte Caldelas. Xa se colocaron tamén en Forzáns ou Esfarrapada.