Correos instala unha caixa de correo especial para enviar a carta aos Reis Magos
Por Diego Torrado
Ata o 4 de xaneiro, os nenos que o desexen poderán depositar as súas cartas para os Reis Magos na Oficina Principal de Correos de Pontevedra, na Rúa da Oliva.
ÿ unha das 153 caixas de correo especiais que Correos instalou nas principais oficinas postais repartidas por toda España.
Os nenos das localidades nas que non hai caixa de correo especial, e todos os que así o prefiran, tamén poden enviar a súa carta a través da web da empresa postal.
De inmediato recibirán resposta electrónica confirmándolles que a súa carta está lista para ser cursada ao destino.
Por outra parte, na presente edición, o recén estreado equipo de voluntariado corporativo "Correos Solidariedade" ten previsto achegarse a distintos hospitais a recoller as cartas dos nenos ingresados que non poden desprazarse ata unha caixa de correo.
Deste modo, os voluntarios aseguran aos pequenos que os seus desexos chegarán con toda seguridade a tan ilustres destinatarios, Sus Majestades, os reis Melchor, Gaspar e Baltasar.